martes, 17 de mayo de 2016

letras galegas MMXVI

A cachucha e o lacón,
piráronse de excursión,
cando rompeu o día,
arrumbaron para Gandía, 
a mercaren un melón.

Rosa, líase co arrieiro Pantera.
  
O lacón rompeu na ucha,
a cachucha un garrafón,
onde tiñan moitos cartos,
para troularen mojollón.


Xullo Ribas inspírase e crea.
Chejaron a estación,
mercaron un billete,
tomaron un sorbete,
prenderonlle a un cigarrito,
e subíronse o carrito,
todo foi nun periquete.


Prensa escrita a porta dun nejosio. ¿Agardan para entrar ou rexeitanos?
Maila cousa foi a nada,
cando veu ó revisor,
e botounos nun caldeiro,
mais con fabas e patacas,
amañou un gran pucheiro.

Así como remata iste conto,

que aínda ben, non sendo longo,
seica rendiu dabondo.

A cachucha,
o lacón, os cartiños, garrafón,
ó pucheiro, maila ucha...

As veces tes un plan bo,

ven o demo i o esparrucha.
 

Arde Galicia..
Árdelle o cán, árdelle o monte,
ardeulle a palla, queimouse o estrume.
Árdelle o sogro, árdelle o bar,
árdelle a vaca, árdelle o boi.
arde na ovella, lume ó cabrito,
fuxe ladrón,
pro teu garito.
Arde que tarde, lojo a parar.
Árdelle can, árdelle ó jato,
ardelle ó eixe,
os de Seixalbo.






¡Como bebe meu veciño,
amodiño,cada grolo,
como bebe meu padriño, 

coma o meu curmán, 
canto tamén o outro primo!

-Tanto beben beben tanto,
 cando van cara para riba,
 cando voltan para abaixo, 

-¡Ide parando, tolos! 
que ides xa ben calcados.



-Beben branco, beben tinto, 
paseniño van tomando,
unhas veces albariño,
torrontés,louros do barco,
noutras métense no tinto...


-Tanto tren, ir dar que rir, 
que por rir e mais rir, rin tanto,
e bebendo entreteñense,
veño ai vai logo pra barra,
i xa logo torna o baño.

-Duas xerras beboas eu,
outras tres o meu cuñado, 
bebe bebe que toma,
toma e sigue tomando,
mais non teimes tan sequer, 
e séguete embebedando.













Tanto troula que troula, 
troula e volta troulando, 
troula que tanto troula, 
has rematar trousando.

¡Bebe,bebe paseniño, 
nas tascas,bares e antros, 
bebe meu reiciño bebe, 
mentres che duren os cartos!