viernes, 25 de marzo de 2011

El club de los poemas tuertos: Rosalía de Castro; -"Como chove miudiño, tamén chóvelle a iste home." ; O Arrieiro Rosa.




¡Como bebe meu veciño, amodiño,cada grolo, como bebe meu padriño, coma o meu curman, canto tamén o outro primo!
-Tanto beben beben tanto, cando van cara para riba, cando voltan para abaixo, ¡Ide parando, tolos, que andades xa ben calcados!
-Beben branco, beben tinto, 
paseniño van tomando,
unhas veces albariño,
torrontés,louros do barco,
noutras métense no tinto...

-Tanto tren, ir dar que rir, que por rir e mais rir, rin tanto, e bebendo entreteñense, veño ai vai logo pra barra, i xa logo torna o baño.
-Duas xerras beboas eu, outras tres o meu cuñado, bebe bebe que toma, toma e sigue tomando, mais non teimes tan sequer, e seguete embebedando.
Tanto troula que troula, troula e volta troulando, troula que tanto troula, has rematar trousando.
¡Bebe,bebe paseniño, nas tascas,bares e antros, bebe meu reiciño bebe, mentres che duren os cartos!
Coplas de Rosa_Arrieiro, (Arrieiro da cara rosada, inda que por beber mais que rosa bebe branco, cando non licor café)