¡Como bebe meu veciño,
amodiño,cada grolo,
como bebe meu padriño,
coma o meu curman,
canto tamén o outro primo!
-Tanto beben beben tanto,
cando van cara para riba,
cando voltan para abaixo,
¡Ide parando, tolos,
que andades xa ben calcados!
-Beben branco, beben tinto,
paseniño van tomando,
unhas veces albariño,
torrontés,louros do barco,
noutras métense no tinto...
-Tanto tren, ir dar que rir,
que por rir e mais rir, rin tanto,
e bebendo entreteñense,
veño ai vai logo pra barra,
i xa logo torna o baño.
-Duas xerras beboas eu,
outras tres o meu cuñado,
bebe bebe que toma,
toma e sigue tomando,
mais non teimes tan sequer,
e seguete embebedando.
Tanto troula que troula,
troula e volta troulando,
troula que tanto troula,
has rematar trousando.
¡Bebe,bebe paseniño,
nas tascas,bares e antros,
bebe meu reiciño bebe,
mentres che duren os cartos!
Coplas de Rosa_Arrieiro, (Arrieiro da cara rosada, inda que por beber mais que rosa bebe branco,
cando non licor café)
1 comentario:
me gusta el ritmo y lo que logro ententender de idioma,parecido al portugués..pero tiene mucha rima y se entiende el sentido.
Publicar un comentario