A cachucha é ó lacón,
piráronse de excursión,
cando naceu o día,
marcharon pra Gandía,
a mercaren un melón.
O lacón rompeu na ucha,
a cachucha un garrafón,
onde tiñan moitos cartos,
pra troularen mojollón.
Chejaron a estación,
mercaron un billete,
tomaron un sorbete,
prenderonlle a un cigarrito,
e subiron no carrito,
todo foi nun periquete.
Maila cousa foi a nada,
cando veu ó revisor,
e botounos nun caldeiro,
mais con fabas e patacas,
amañou un gran pucheiro.
Así como remata o conto,
que non sendo longo,
seica rendiu dabondo.
A cachucha,
o lacón,os cartiños, garrafón,
ó pucheiro, maila ucha...
As veces tes un plan bó,
ven o demo e o esparrucha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario